20101010

Do 1 ao 17 de outubro, a Casa da Xuventude de Ourense organiza as XXII Xornadas de Banda Deseñada. Exposicións de cinco autores: Pablo Auladell, Clara-Tanit-Arqué, Manuel Bartual, João Fazenda e o coruñés Dani Montero, e unha colectiva titulada "Un camiño de viñetas" na que conflúe a visión de destacados autores de bd do país ao redor do Camiño de Santiago. Haberá un ciclo de cinema e Bd,e o día 16, a partir das 12 h, un encontro de BD con mesas redondas e encontros na Casa da Xuventude.
Unha cita ineludible.
A publicación oficial do evento: O Fanzine Das Xornadas
pódese descargar AQUÍ. Sae unha páxina do Macho Alfa!!!

No hay comentarios: